Saturday 20 de April de 2024

55 persoas asistiron á charla sobre prevención de atropelos impartida pola DGT na Laracha


Todos os participantes recibiron como agasallo un chaleco reflectante.

A charla sobre prevención de atropelos impartida esta mañá na Casa da Cultura da Laracha polo coordinador provincial de educación viaria da Dirección General de Tráfico (DGT) contou cun rotundo éxito de participación ao asistir 55 persoas.

A iniciativa tivo por finalidade esencial informar sobre boas prácticas, normativas e consellos para aumentar a seguridade dos peóns, centrándose especificamente na prevención dos atropelos e en explicar as principais causas que os provocan e como e en que lugares son máis frecuentes para poñer o foco sobre os elementos de risco e como previlos.

Todos os asistentes foron obsequiados cun chaleco reflectante precisamente para aumentar a súa seguridade como peóns.